Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Arquitectura do Software
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais de exposición de nocións e conceptos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados pola docente da asignatura na plataforma virtual (Moodle).
Análise de fontes documentais Lectura e comprensión por parte do estudantado de diferentes recursos proporcionados, ben encamiñados a favorecer o seguemento das sesións maxistrais, a xerar debate durante as sesións de discusión dirixida, ou ben destinados a axudar na realización de prácticas e traballos tutelados.
Discusión dirixida Debate construtivo, dirixido pola docente pero participado por todo o grupo, sobre diferentes cuestións presentadas nas clases maxistrais, de cara a profundizar na compresión e adquisición dos devanditos conceptos, e no desenvolvemento de capacidades críticas e analíticas.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas pola docente da asignatura nas que o estudantado poida poñer en práctica os coñecementos a medida que os van adquirindo, de cara ao reforzo dos mesmos. Estas prácticas levaranse a cabo en grupos de tamaño por determinar, en función do número de estudantes matriculados.
Traballos tutelados Traballos propostos pola docente da asignatura e desenvolvidos polo estudantado, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos poderán ser avaliados ben nas titorías de grupos reducidos, ben nas sesións de titoría personalizada.
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos adquiridos polo estudantado. Agárdase que se amosen tanto os coñecementos a nivel teórico, mediante a resposta a preguntas similares ás prantexadas nas clases maxistrais e nas sesións de discusión dirixida, como os coñecementos aplicados, mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos prantexados nas prácticas de laboratorio e traballos tutelados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes