Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Arquitectura do Software
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 B1 B2 B4 C4 C6 Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso. Malia que as prácticas se realizarán en grupos, cabe diferenciar dous compoñentes na avaliación das prácticas:

- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación, colaboración e compenetración entre os seus integrantes.
- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta de cada estudiante ao grupo.

Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:

- Rigor na consecución dos obxectivos perseguidos usando as técnicas propostas.
- Asimilación dos conceptos presentados.
- Orixinalidade nas propostas.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto.
40
Proba obxectiva A27 A28 B1 B3 C6 Proba escrita dividida en dous bloques: cuestións teóricas e un problema de modelado. 40
Traballos tutelados A27 A28 B1 B3 B4 C3 C6 Valoraranse os seguintes aspectos:

- Dominio dos contidos dos traballos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
20
 
Observacións avaliación

Considerarase necesario que o estudantado demostre equilibrio no
seu rendemento na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
Así, esixirase a cada persoa que a cualificación en ambas partes supere o 50% do seu peso relativo como condición imprescindible para a superación da materia. No caso de non acadar o mínimo esixido no exame de teoría, a cualificación final será a obtida no exame de teoría. En caso de non acadar o mínimo esixido nas prácticas de laboratorio, a cualificación final será un 4.

Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba escrita poderá ir acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas para aquelas persoas que non chegasen ao 50% na súa avaliación das mesmas na primeira oportunidade.

Dacordo coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo, toda vez que todos os anuncios e información de relevancia relacionada con estas constará por escrito no Moodle da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes