Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Bases de Datos Avanzadas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A19 A25 A29 B1 B2 B3 B4 C3 A nota máxima é 2 puntos.

A data de entrega marcarase durante o curso e non será aplazable.

O traballo tutelado NON será recuperable na segunda oportunidade.
20
Prácticas de laboratorio A18 A19 A29 B1 B3 C3 A nota máxima para esta parte serán 3 puntos:

Realizarase durante o curso un seguimento do alumnado e con probas ou entregas de exercicios periódicos.

Na segunda oportunidade poderán recuperarse os 3 puntos mediante a realización dun exame escrito.
30
Proba mixta A18 A29 B1 B3 Consiste nun exame escrito para valorar tanto conceptos teóricos como a súa aplicación práctica en exercicios.

A nota máxima son 5 puntos, e é recuperable na segunda oportunidade.
50
 
Observacións avaliación
NON PRESENTADO
  • Na primeira oportunidade consideraranse non presentados os estudiantes que non realicen a proba escrita.
  • Na segunda oporturnidade consideraranse non presentados os estudiantes que non acudan a recuperar ningunha das 2 partes recuperables.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só aqueles estudiantes que non superen a materia poderán recuperar as prácticas, a proba mixta, ou ambas. 

Poderán presentarse a calquera das 2 partes. Neste caso, a nota da segunda oportunidade sustituirá a da primeira, sexa maior ou menor.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles
estudantes  con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases deberán contactar co profesor para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio, por exemplo mediante a realización dunha proba escrita na primeira oportunidade ou a entrega de traballos pola súa conta.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes