Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 Farase un exame de tipo test, có obxectivo de comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente.
30
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 A entrega das dúas iteracións é obrigatoria. A primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria e debe cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para esa iteración. Despois da corrección da segunda iteración, o profesor pon a nota da práctica. 50
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 A realización do traballo tutelado é opcional. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo 4,5 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,50*notaPractica + 0,30*notaExame + 0,20*notaTraballoTutelado.

Para as/os estudantes con matrícula a tempo parcial, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, o tamaño da práctica será menor, sen que iso supoña un prexuízo na nota da práctica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes