Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Dispositivos Hardware e Interfaces
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A32 B1 B3 C8 C6 A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas, a realización dunha proba obxectiva sobre as mesmas e a realimentación ao alumnado. 10
Prácticas de laboratorio A31 A32 B1 B3 Avaliación do traballo realizado polo alumnado nas prácticas de laboratorio mediante a entrega e defensa das mesmas, e/ou probas mixtas.
40
Traballos tutelados C6 C8 Avaliación dos traballos tutelados desenvolvidos polo alumnado, incluíndo a calidade da exposición. 20
Proba mixta A31 A32 B1 B3 Valorarase a resolución de problemas da asignatura mediante probas mixtas. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia teñen que cumplirse as dúas condicións seguintes:

  1. A suma das cualificacións correspondentes ás prácticas de laboratorio, traballos tutelados, prácticas a través de TIC e proba mixta é polo menos o 50% (polo menos 5 puntos sobre 10).
  2. A suma das cualificacións correspondentes ás prácticas de laboratorio e proba mixta é de polo menos o 25% en cada unha delas: polo menos 1 punto sobre 4 nas prácticas de laboratorio e polo menos 0.75 puntos sobre 3 na proba mixta. En caso de non cumplirse esta condición, a cualificación final será o resultado de dividir por dous a suma das cualificacións correspondentes a cada metodoloxía.

Na segunda oportunidade poderanse avaliar soamente a proba mixta e as prácticas de laboratorio, optando cada estudante por unha destas ou as dúas. Os resultados acadados nos traballos tutelados e nas prácticas a través de TIC serán os que o alumnado obtivera na primeira oportunidade.

Alumnado matriculados a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das prácticas e dos traballos tutelados.

A proba mixta poderase subdividir en varias partes a realizar ao longo do cuadrimestre.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes