Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Procesamento Dixital da Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A35 C3 Avaluación mediante probas curtas que se realizarán, en xeral, a seman seguiente ao obradoiro. 25
Proba obxectiva A17 B1 B3 C6 PRIMEIRA PROBA OBXECTIVA: Avaliación dos temas 1 ao 4 que se realizará durante o cuadrimestre:
* Avaliación da parte teórica mediante proba escrita: 20%
* Avaliación de talleres e práctica mediante proba escrita: 7.5%

SEGUNDA PROBA OBXECTIVA: Avaliación dos temas 5 ao 8 que se realizará ao finalizar o cuadrimestre:
* Avaliación da parte teórica mediante proba escrita: 20%
* Avaliación de talleres e práctica mediante proba escrita: 7.5%
55
Prácticas a través de TIC A17 A38 B3 C3 C6 Entrega de prácticas e presentación oral:
* Temas 1 ao 4: 10%
* Temas 5 ao 8: 10%
20
 
Observacións avaliación

Convocatoria ordinaria:

Para aprobar na primeira oportunidade é necesario presentarse ás dúas probas obxectivas. Os alumnos que non se presenten a algunha proba obxectiva terán a cualificación de NON PRESENTADO.

Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, poderán presentarse á segunda oportunidade con todo o contido das probas obxectivas. O resto das notas (obradoiros e prácticas a través de TIC) consérvanse da primeira oportunidade.

Convocatorias extraordinarias:

Nas convocatorias de decembro e extraordinarias realizarase unha proba obxectiva co 100% da nota.

Plaxios:

O plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de SUSPENSO na convocatoria anual, tanto ao estudante que presente material copiado como para o estudante que o facilite.

Alumnos matriculados a tempo parcial:

Os alumnos matriculados a tempo parcial teñen que realizar a entrega e presentación das prácticas a través do TIC e as probas obxectivas nas datas sinaladas. Para a avaliación dos obradoiros  poderá elixir entre realizar a avaliación continuada ou unha avaliación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes