Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Desenvolvemento de Sistemas Intelixentes
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Cada grupo terá que entregar varios informes ao longo do cuadrimestre sobre a evolución do seu traballo tutelado. Tras cada entrega, cada grupo de prácticas terá unha reunión coa profesora para expor o traballo realizado. Os obxectivos fundamentais destas reunións son proporcionar ó alumnado rapidamente información acerca dos erros ou aspectos máis sobresalientes das súas prácticas, controlar o traballo de grupo e desenvolver a súa capacidade de síntese e exposición de coñecementos.
Sesión maxistral Utilizada durante as clases presenciais teóricas para expor o núcleo básico de coñecementos que logo os alumnos terán que saber utilizar e ampliar nas prácticas e o traballo tutelado.
Proba mixta Realizarase ao final do cuadrimestre sobre os contidos tratados ao longo do curso.
Estudo de casos A Enxeñaría de Coñecemento é unha disciplina que resulta difícil de comprender se non se potencia unha visión eminentemente práctica da materia. Neste método preséntase unha situación real e pídese aos alumnos que tomen e razoen as decisións oportunas. O exemplo utilizado corresponde a un Traballo Fin de Carreira, de forma que os alumnos poden coñecer a fondo o proxecto, executar o sistema, e consultar o material que desexen.
Obradoiro A primeira sesión de docencia interactiva dedicarase a orientar aos estudantes na selección do tema da súa práctica. Para iso, presentaránselles exemplos de sistemas baseados en coñecemento e axudaráselles a elixir un tema adecuado de entre unha lista que eles terán que propor.
Prácticas de laboratorio Na nosa materia, gran parte da nota do alumnado establécese a través dun traballo en grupo, a realizar ao longo do cuadrimestre. Este traballo consiste en abordar o desarrrollo dun Sistema baseado en Coñecemento para resolver un problema real, seguindo os pasos da metodoloxía CommonKADS.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes