Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Desenvolvemento de Sistemas Intelixentes
   Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
No esquema de carácter práctico utilizado nesta materia, as titorías resultan un recurso fundamental moi utilizado polos alumnos. Estas utilízanse desde o inicio do curso, xa que é onde os/as estudantes comentan as súas ideas sobre posibles dominios de aplicación do Sistema Baseado en Coñecemento para o traballo tutelado co que se lles avalía. Ao mesmo tempo a profesora asegúrase de que o dominio finalmente elixido sexa factible como práctica da materia.

Máis tarde, as titorías utilízanse para comentar as numerosas dúbidas que xorden na elaboración das prácticas, orientalas correctamente e facer un seguemento contínuo dos/as estudantes.

A atención personalizada se realiza a través dos seguintes canles:

- Correo-e: Preferentemente nos horarios oficiales de titorías. De uso pra facer consultas de resposta curta ou solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Teams: Cada equipo de prácticas dispón dun horario de titoría grupal regular no horario das prácticas no que se garante unha resposta inmediata. Fora dese horario o profesorado atenderá ás cuestións plantexadas polo alumnado preferentemente nos horarios oficiais de titorías previa solicitude via correo-e.
- Moodle: Poránse a disposición dos/as estudantes “foros temáticos" que resolvan dúbidas xerais ligadas a actividades específicas como as prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes