Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Desenvolvemento de Sistemas Intelixentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A42 A43 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C6 C7 C8 A PONDERACIÓN dos traballos correspondentes a este apartado será a seguinte:

1) Modelo de contexto ........................15%
2) Modelo de coñecemento...................70%
3) Modelo de comunicación...................5%
4) Esquema de Avaliación do sistema...10%

Se o número de horas reais de prácticas fose menor que as horas teóricas asignadas ao curso prescindirase da práctica "4) Esquema de Avaliación do sistema" e a ponderación sería a seguinte:

1) Modelo de contexto ........................20%
2) Modelo de coñecemento...................75%
3) Modelo de comunicación...................5%

Na valoración de cada apartado terase en conta:
1. O traballo activo e contínuo nas clases de prácticas
2. A CORRECCIÓN dos modelos realizados
3. O emprego correcto da metodoloxía no seu desenvolvemento.
4. A COMPLEXIDADE da práctica
5. A CLARIDADE na redacción dos documentos entregados.
6. A participación de todos os membros do grupo

Constitúe o 50% da nota. Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 4,5 neste apartado.

O inicio de curso, por votación entre os estudantes se elixirá o mellor tema de prácticas de entre os propostos. O grupo gañador obterá 0,25 puntos que se sumarán á nota final de prácticas unha vez alcanzado nos anteriores apartados de prácticas o 4,5.
50
Proba mixta A21 A42 A43 B3 C1 C4 C6 Proba que se realiza ao final do cuadrimestre sobre o contido tratado nas clases teóricas.

Constitúe o 50% da nota. Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 4,5 neste apartado.
50
Presentación oral B2 B3 B7 C1 C4 Valorarase a claridade da presentación, a participación no traballo de grupo e a comprensión dos documentos entregados correspondentes ao traballo tutelado.
É obrigatoria para poder aprobar os traballos tutelados e inflúe na cualificación final destes, pero non se puntúa á marxe da nota outorgada aos traballos tutelados.
0
 
Observacións avaliación
OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA MATERIA 

- A entrega das prácticas nas datas indicadas, a súa presentación, así como a asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a materia.

- Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai a entrega COMPLETA das prácticas ou se se presenta ao exame teórico.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da
normativa*, o plaxio dos traballos prácticos conlevará unha nota global de
SUSPENSO  na convocatoria anual.



















Avaliación
na segunda oportunidade




- A nota das prácticas para as dúas oportunidades do curso será a
obtida na primeira oportunidade de Xuño. Non haberá entrega de
prácticas para a segunda oportunidade de Xullo, excepto para as
prácticas suspensas.

- En
canto os criterios de avaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos
mesmos que a primeira

Sobre a responsabilidade compartida dos
traballos en grupo.

Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como
as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do
traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do
incumplimiento das normas de autoría do mesmo.

Matrícula a tempo parcial

Os alumnos matriculados a tempo
parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos
específicos que se establecerán. Será obriga do/a estudante comunicar a súa
situación ao profesorado.



















* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da
Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes