Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Explotación de Almacéns de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima será de 3 puntos sobre o total de 10 da materia.
Realizarase unha avaliación continua, polo que a nota das probas deste apartado contabiliza tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Non se repetirán estas probas na segunda oportunidade.
30
Proba mixta A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima será de 4,5 puntos sobre o total de 10 da materia. A proba consiste nun exame que tratará sobre os conceptos teóricos e sobre a asimilación práctica da materia.
Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade.
45
Traballos tutelados A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima dos traballos será de 2,5 puntos. Estes traballos pódense repetir na segunda oportunidade. 25
 
Observacións avaliación

NON PRESENTADO:

Na primeira oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade pódese recuperar só a proba mixta, só os traballos tutelados ou ambas as dúas partes, de maneira que as notas desta oportunidade sustitúen sempre as da primeira. Terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non recupere nin a proba mixta nin os traballos tutelados.

DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes