Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Explotación de Almacéns de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima será de 4 puntos sobre o total de 10 da materia. A práctica deberá realizarse individualmente ou en grupos pequenos e será defendida oralmente.

40
Proba mixta A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima será de 3 puntos sobre o total de 10 da materia. Realizaránse varias probas durante o curso que tratarán sobre os conceptos teóricos e sobre a asimilación práctica da materia. 30
Traballos tutelados A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima dos traballos será de 3 puntos. 30
 
Observacións avaliación

NON PRESENTADO:

Na primeira oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non realice a práctica de laboratorio.

Na segunda oportunidade pódese recuperar calquera das partes da avaliación, de maneira que as notas desta oportunidade sustitúen sempre as da primeira. Terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non recupere ningunha das partes.

DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega e defensa das prácticas e dos traballos tutelados.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá de: proba mixta (30% da cualificación), práctica (40% da cualificación) e traballo (30% da cualificación).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes