Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividade que permite ás/aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores.
Proba obxectiva Proba única que se fará ao final do cuadrimestre, sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución de forma autónoma por parte do alumnado. Estes traballos permitiranlle ao alumnado profundar en aspectos do temario que lle interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumnado disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes