Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A37 B1 B3 C3 C6 As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. Ademáis poderán realizarse probas complementarias de avaliación contínua sobre os contidos específicos tratados nas prácticas. 50
Proba obxectiva A36 A37 A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 50
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia será requisito indispensable entregar todas as prácticas obrigatorias que se propoñan. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas e a proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar un mínimo dun 40% nas notas das prácticas e da proba obxectiva e un 50% no total.

SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORAS/ES
Conservarase durante un curso as prácticas obrigatorias que obteñan unha cualificación de APTA

MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL

Os criterios de avaliación serán iguais aos do alumnado a tempo completo.

FRAUDE
No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes