Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Redes Móbiles e Sen Fíos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A17 A38 B3 C3 C6 C7 A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas e unha proba obxetiva.
25
Obradoiro A17 C3 C4 C8 Avaliación continua do traballo do alumno con probas semanais dos avances obtidos na semana previa. 25
Proba mixta B3 B1 C6 C7 Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final. 50
 
Observacións avaliación

A suma das partes correspondentes o obradoiro, as prácticas a través de TIC,  e a proba mixta debe ser maior ou igual a 5.

Esixirase unha nota mínima de 2 puntos sobre 5 na proba mixta. No caso de non acadar dita nota, a cualificación final do alumno vaise calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por 2 a suma da nota obtida nos obradoiros e prácticas a través de TIC.

Na segunda oportunidade poderase avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando o estudante por unha de estas ou as duas. Os resultados acadados na solución de problemas e nos obradoiros será a que
os estudantes acadaran na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin da avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba obxetiva.

En calquera caso, a data límite para a entrega das prácticas será a da proba mixta.

A proba mixta poderase dividir en dous partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes