Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Redes Móbiles e Sen Fíos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A38 A17 B3 C3 C6 C7 A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas e unha proba obxetiva para valorar os coñecementos adquiridos polos estudantes.
40
Proba mixta B1 B3 C6 C7 Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final. 40
Traballos tutelados A17 B1 B3 C2 C4 C6 C8 Avaliarase a correcta realización por parte do alumno dos exercicios ou traballos propostos polo profesor. 20
 
Observacións avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as notas obtidas nas diferentes partes da materia.

Na segunda oportunidade poderase avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando o estudante por unha de estas ou as duas. Os resultados acadados nas demais partes da materia serán aqueles que
os estudantes obteron na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin a avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba obxetiva.

En calquera caso, a data límite para a entrega das prácticas será a da proba mixta.

A proba mixta poderase dividir en dous partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes