Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Contornos Inmersivos, Interactivos e de entretemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A43 A44 B1 C6 Conxunto de exames parciais da materia, que tomarán a forma de probas presenciales na aula. Estes trataranse de probas mixtas con preguntas tipo test e algunhas preguntas curtas de ensaio para que os/as estudantes demostren a asimilación dos conceptos.
De non superar a materia cos parciais, disporase dun examen teórico final coas mesmas características dos parciais sobre o total dos contidos da asignatura.
40
Prácticas a través de TIC A43 A44 B1 B9 Realización dun traballo composto de dous proxectos correspondentes ós dous videoxogos a desenvolver. Para o 2D faise uso da plataforma PyGame como motor de apoio no desenvolvemento. Para o 3D utilizase unha das plataformas máis comunes actualmente como é Unity3D.
Ademáis dos videoxogos, evaluarase a calidade da documentación e a metodoloxía aplicadas no desenvolvemento.
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o/a estudante deberá obter unha calificación
mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificaciòns da proba
obxectiva e as prácticas a través de TIC.

Resaltar que a proba obxetiva pode tomar  forma de exames parciais ou ben de una proba
final. Independentemente da forma, para poder superar a asignatura, establécese
unha calificación mínima do 1,4 puntos sobre 4 na proba obxetiva. Noutro caso considerase que o/a estudante non poderá superar a materia independientemente da calificación que teña
nas prácticas a través de TIC.

A calificación en base ós exames parciais corresponderase coa media
aritmética dos mesmos. No caso de non chegar á calificación mínima os/as
estudantes sempre poderán facer a proba final. Aqueles/Aquelas estudantes que inda
chegando á calificación mínima opten por presentarse tamén á proba final,
perderán a nota correspondente os exames parciais independentemente de que a
nova calificación sexa inferior.

Criterios particulares de avaliación e asistencia para os/as estudantes con matrícula a tempo parcial:

  • As prácticas e traballos deberán entregarse na mesma
    data e forma que os/as estudantes a tempo completo.
  • O horario para a defensa flexibilizarase coo fin de
    facilitar a defensa e entrega dos traballos

Na segunda oportunidade,

  • Aqueles/Aquelas estudantes que alcanzasen a calificación mínima na
    primeira oportunidade para a proba obxetiva poden conservar a nota na segunda. De non alzanzarse
    terán que facer o exame teórico sobre o total dos contidos. Aqueles estudantes
    que queiran optar por mellorar a sua nota poden realizar o exame pero supón
    renunciar a calificación anterior independentemente de que a nova nota sexa
    inferior.
  • Mantense a nota obtida nas Prácticas a través de TIC, se ben os
    alumnos terán a oportunidade de entregar novos proxectos tanto 2D como 3D pero
    está vez feitos de maneira individual. Estes proxectos deberán ter una calidade
    e complexidade proporcionalmente similar as presentadas na primeira
    oportunidade có fin de recuperar a nota de prácticas.  Aqueles estudantes que opten por entregar
    novos proxectos, renunciaran á nota obtida previamente independentemente de que
    a nova calificación sexa inferior.


  • Os criterios para obtener a nota total son os xa
    indicados ó comezo deste apartado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes