Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Deseño das Linguaxes de Programación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A40 B1 Examen escrito 50
Prácticas de laboratorio A39 C2 C6 Trabajos de laboratorio 50
 
Observacións avaliación

A parte teórica da materia computa o 50% da nota. 

O 50% restante repártese entre as prácticas e calquera outra actividade de avaliación realizada ao longo do curso. Se as prácticas ou outras actividades se levan a cabo en grupos, todos os membros do grupo serán responsables solidariamente polo traballo realizado e entregado e as súa posibles consecuencias.

Para aprobar a materia é necesario aprobar todas e cada unha das seccións da avaliación. Para a Segunda Oportunidade, manteranse os resultados obtidos en cada sección da Primeira Oportunidade.

No caso de estudantes a tempo parcial, a falta de asistencia ás clases de prácticas e TGR xustificadas non será penalizada.

Pódense obter puntos adicionais por levar a cabo as actividades en inglés (por exemplo, enviando o informe dunha práctica en inglés, presentando unha práctica en inglés, etc.). En ningún caso se penalizará por realizar actividades en castelán e/ou galego.

Segundo o artigo 14, sección 4, das normas de avaliación, o plaxio dos traballos prácticos ou do examen terá unha nota global de 0 puntos, tanto para o alumno que presente material copiado como para o que o facilitou, e polo tanto a calificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes