Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Subjects
  Data Integration
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os contidos fundamentais da materia serán expostos en clases teóricas, que consistirán na exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumo.

Dado que a docencia da materia será virtual, as clases maxistrais serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle).
Problem solving Resolveranse diferentes problemas a partir dun enunciado inicial. Discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre es estudantes.

Dado que a docencia da materia será virtual, as clases de resolución de problemas serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle).
Workbook O profesorado indicará unha serie de lecturas específicas para algún dos temas, que os estudantes deberán revisar pola súa conta. As lecturas serán, preferentemente, de material dispoñible en liña.
Laboratory practice O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.

Dado que a docencia da materia será virtual, as clases de prácticas de laboratorio serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle).
Mixed objective/subjective test Será realizada unha proba PRESENCIAL final, que abarcará tanto conceptos teóricos como aspectos prácticos.
Supervised projects Proporanse traballos que, co apropiado asesoramento dos docentes, o estudantado terá que levar a cabo pola súa conta.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes