Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Integración de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A18 A19 A27 A46 B1 B2 B6 C3 Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado con probas ou entregas de exercicios periódicos.

Para superar esta parte, deberán conseguirse 1,2 puntos dos 4 posibles. En caso de non conseguirse, a asignatura estará suspensa, cunha nota numérica nunca superior ó 4,5.

Na segunda oportunidade esta parte poderá recuperarse realizando un ou varios traballos prácticos que poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade.

Os criterios de mínimos e a nota máxima coinciden cos da primeira oporturnidade.
40
Proba mixta A18 A27 B3 O exame da materia avaliará os seguintes aspectos:

Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos e operativos.
Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na asignatura.

Para superar esta parte deben obterse 1,75 puntos dos 4 posibles. De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirase unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.
40
Traballos tutelados A18 A19 A27 A46 B1 B2 B3 B6 C3 Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ó coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

As datas de entrega marcaranse durante o curso e non serán aprazables.
Non se esixe un mínimo para esta parte, pero non será recuperable na segunda oportunidade.
20
 
Observacións avaliación
  • Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.
  • Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles

estudantes  con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes para buscar
unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio, por exemplo
mediante a realización dunha proba escrita na primeira oportunidade ou a
entrega de traballos pola súa conta.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes