Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Arquitectura dos sistemas de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A47 A48 A49 B3 C6 Proba individual escrita sobre contido teórico-práctico 40
Traballos tutelados A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 Se avaliará a calidade dos traballos realizados. Realizaranse defensas orais dos traballos a través de Teams. 50
Estudo de casos A47 A48 A49 B1 B3 C3 C6 Seguimiento continuado dos exercicios e casos de diseño propostos durante as clases 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (60% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (40% da nota final).
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado, e de 2 sobre 4 na proba mixta.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as condicións da segunda oportunidade tanto en primeira como en segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes