Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos Código 614G01113
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Profesorado
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumnado o coñecemento básico necesario para a administración de sistemas informáticos. Isto inclúe a administración e despregamento de infraestruturas servidor e clúster facendo uso de tecnoloxías de virtualización e almacenamento en rede. A orientación da materia é eminentemente práctica, traballando con tecnoloxías, ferramentas e servizos habituais nestas contornas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Prácticas de laboratorio - Traballos tutelados *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba mixta: realizarase de xeito non presencial a través dunha proba en liña mediante Moodle ou plataforma similar. - Sesión maxistral: modifícase para adaptarse a unha situación de docencia a distancia onde os contidos da materia pasan a expoñerse mediante videoleccións gravadas que se suben á plataforma Microsoft Stream e fanse accesibles tamén en Teams/Moodle. O profesorado resolverá dúbidas sobre os contidos tratados nos vídeos durante a franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, ademais dos horarios de titorías. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. Resolución de dúbidas, solicitude de citas para encontros virtuais e orientación/seguimento dos traballos tutelados. Resolución baixo demanda de calquera outra cuestión relacionada coa materia en calquera das súas dimensións. - Moodle: Diariamente. Canle principal utilizado para os avisos importantes da materia e para organizar todo o material das clases teóricas e prácticas. Puntualmente poderíase empregar para resolución de dúbidas comúns facendo uso de foros especializados. - Teams: Diariamente. Resolución de dúbidas baixo demanda en horario de titorías e orientación/seguimento dos traballos tutelados facendo uso de chats privados cos/as alumnos/as. Puntualmente poderíase empregar para a defensa de prácticas e/ou traballos tutelados facendo uso de videochamadas onde o/a alumno/a compartiría o seu escritorio co profesor para amosar o traballo realizado. Tamén sería posible a resolución de dúbidas deste modo se o profesor o considera necesario e sempre dependendo das necesidades do alumnado. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as metodoloxías avaliadas e os seus pesos na cualificación global pero adaptadas para realizarse de xeito non presencial mediante probas avaliables en liña. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas condicións globais para aprobar a materia tanto para a primeira oportunidade como para a segunda. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen cambios no material bibliográfico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes