Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A53 A55 B1 B3 C6 Avaliación das prácticas de laboratorio, que consistirán en diferentes actividades a realizar en computadores relacionadas cos contidos da materia e que se proporán ao longo do cuadrimestre. 40
Traballos tutelados A53 A55 B1 B3 C6 O traballo tutelado consistirá na resolución dun caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas. 20
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 A proba mixta realizarase ao final do cuadrimestre. Poderá conter preguntas sobre os contidos do temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na primeira oportunidade será requisito indispensable entregar todas as prácticas de laboratorio obrigatorias que se propoñan. O traballo tutelado será opcional e só se terá en conta se cumpre cos mínimos de calidade esixidos polo profesor. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas, o traballo tutelado e a proba mixta. Para aprobar será necesario obter como mínimo un 40% da nota máxima tanto nas prácticas de laboratorio como na proba mixta, e ter una nota final igual ou superior ao 50%. En caso de non cumprir os requisitos pero obter unha nota final igual ou superior ao 50%, a nota que figurará en actas será un 4 (Suspenso).

Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas e o traballo tutelado. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORES

A nota das prácticas conservarase durante un curso no caso de obter un mínimo do 50%.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL

A avaliación será igual que a dos alumnos a tempo completo.

FRAUDE

No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes