Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A53 A55 B1 B3 C6 A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase ao longo do curso có obxectivo de valorar os coñecementos adquiridos e o traballo do alumnado durante as sesións prácticas. 40
Traballos tutelados A53 A55 B1 B3 C6 O traballo tutelado é opcional e consistirá na resolución dun caso de estudio de maior complexidade aos realizados nas prácticas. Aínda que se proporán posibles temas para realizar o traballo, incentivarase que os/as alumnos/as desenvolvan e resolvan propostas propias. 20
Proba mixta A52 A53 A55 B3 B1 Proba individual realizada ao final do cuadrimestre para avaliar os conceptos teóricos do temario desenvolvido durante as sesións maxistrais así como a súa aplicación nas prácticas de laboratorio. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para superar a materia na primera oportunidade é necesario obter:

  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada ás prácticas de laboratorio (1,6 puntos sobre 4).
  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta (1,6 puntos sobre 4).
  • Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta, das prácticas de laboratorio e do traballo tutelado, igual ou superior ao 50%.

En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumprir algunha das condicións necesarias, a nota final que aparecerá nas actas será un Suspenso.

Observación adicionais:

  • O traballo tutelado é opcional e só será tido en conta se é entregado en prazo e cumpre as condicións esixidas polo profesorado.
  • Calquer/a alumno/a que non entregue as prácticas nin realice a proba mixta terá unha cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade.

As condicións globais necesarias para aprobar requiridas na primeira oportunidade mantéñense coas seguintes consideracións:

  • A nota do traballo tutelado será a obtida na primeira oportunidade (é dicir, non será posible entregar o traballo na segunda oportunidade).
  • A nota das dúas partes restantes (prácticas e proba mixta) que acadasen o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
  • Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas de laboratorio no caso de non ter obtido o mínimo establecido do 40% en primeira oportunidade.

REPETIDORES

A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.

ALUMNADO A TEMPO PARCIAL

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberá comunicar a súa situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán os mesmos que os do resto do alumnado.

FRAUDE

No caso de detectarse algunha fraude nas
probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na
normativa da universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes