Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Prácticas en Empresa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Prácticas en Empresa Código 614G01120
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Electrónica e Sistemas
Enxeñaría de Computadores
Matemáticas
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Martin Santamaria, Maria Jose
Correo electrónico
maria.martin.santamaria@udc.es
Profesorado
Martin Santamaria, Maria Jose
Correo electrónico
maria.martin.santamaria@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de PE é unha materia optativa do cuarto curso que se pode cursar no primeiro ou no segundo cuadrimestre, con 12 créditos. O seu obxectivo é completar a formación do grao con estancias nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A FIC ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares. O desenvolvemento dunha PE implica: 1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do grao que realicen tarefas que podan desenvolverse mediante a materia de PE. 2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inicianse desde finais do curso previo. 3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un estudante. 4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor profesional do estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas. 5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor académico que supervisará que o estudante realice o plan de formación determinado, que recibirá os informes do titor profesional e do estudante, e que avaliará o realizado polo estudante. 6) A definición dun plan de formación onde os titores da PE definan o alcance do traballo a realizar polo estudante. A normativa da UDC sobre PE require que se estableza un convenio para a relación de PE. Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC: 1) Que o estudante superase a metade dos créditos do grao. 2) Que superase todas as de formación básica (primeiro curso). 3) Que faga a solicitude no prazo establecido e que a nota media do se expediente se atope entre o número de alumnos permitido para cada cuadrimestre. Este límite ven marcado pola vicerreitoría de profesorado, xa que cada titor académico consume 2 horas de POD por cada alumno titorizado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán modificacións nos contidos, xa que os estudantes deben incorporarse a unha empresa e participar nas súas actividades. No caso de que a empresa decida que o traballo debe realizarse e supervisarse de maneira online, os alumnos deberán adaptarse. Se a empresa decide paralizar as prácticas, os alumnos deberán acollerse a algunha das medidas qeu estableza a UDC para dita situación. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican Sen cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os titores académicos poderán realizar a atención personaliza a través das canles telemáticas que a UDC pon á súa disposición: correo electrónico, Teams, Moodle... 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non procede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes