Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Álxebra Lineal
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Álxebra Lineal Código 614G02001
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Vieites Rodriguez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.vieites@udc.es
Profesorado
Costoya Ramos, Maria Cristina
Vieites Rodriguez, Ana Maria
Correo electrónico
cristina.costoya@udc.es
ana.vieites@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Álxebra Lineal é unha asignatura cuadrimestral que se imparte no primeiro cuadrimestre do primeiro curso da titulación Grao en Ciencias e Enxeñería de Datos. Pertence ó módulo de Formación Básica. Nela débense adquirir hábitos relacionados coa capacidade de abastracción e rigor necesarios para un profesional no ámbito do coñecemento da análisis e xestión de datos. Os conceptos que se estudan son básicos para o desenrolo doutras materias máis específicas da titulación, tales como, por exemplo, Deseño e Análise de Algoritmos, Procesamento da Imaxe, Vídeo e Audio, Modelado de Bases de Datos, Aprendizaxe Automático, etc. O carácter dos estudios e as necesidades de formación dos estudiantes do Grao en Ciencias e Enxeñería de Datos aconsella un enfoque computacional da Álxebra Lineal, por esta razón ponse unha especial énfase nos conceptos de Álxebra empregados na teoría de matrices, destacando o enfoque algorítmico nos métodos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non se modificarán a non ser que, por motivos de falta de tempo, estes teñan que ser reducidos; neste caso os alumnos serán informados a través das plataformas oficiais (Moodle, Teams). 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral: A través das plataformas virtuais da Universidade, o alumno segue con acceso ás notas elaboradas para ás clases teóricas presenciais. Prácticas de laboratorio: O boletín de exercicios propostos, segue accesible en Moodle. Aprendizaxe colaborativa: A falta da presencialidade, o alumno pode formular as dúbidas sobre os conceptos e os exercicios a través das plataformas Teams e Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: Hai clases teóricas asíncronas (vía Moodle o alumno ten acceso a vídeos explicativos sobre os conceptos mais complicados da materia, seguidos de boletíns complementarios de exercicios donde o alumno traballa exemplos similares ós dos vídeos) e síncronas (a través da plataforma Teams; proporcionándose, ó final de cada sesión, as notas da pizarra virtual en formato pdf). Proba obxectiva: Aínda que se mantén, o seu valor redúcese ó 50%, eliminínase a puntuación mínima e realizarase a través das plataformas virtuais da universidade. Prácticas de laboratorio: As clases prácticas son síncronas e asíncronas (os alumnos que non asisten teñen acceso a elas a través da plataforma Teams). Os boletíns de exercicios propostos inclúen tódalas solucións detalladas. As probas probas relativas ás prácticas realízanse online. * Metodoloxías que aparecen: Probas mixtas a través das TIC: Como apoio ás outras metodoloxías docentes. O seu valor é o 20% da nota total da materia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Tódolos grupos teñen atención semanal a través das plataformas virtuais oficiais da Universidade. Cada grupo de prácticas terá atención semanal a través da plataforma virtual Teams. Asemesmo o profesor poderá programar sesións de titorías cos alumnos de cara á resolver dúbidas de carácter individual. 4. Modificacións na avaliación *Proba obxectiva: Proba on line a traves da plataforma virtual da universidade que consta de preguntas tipo test e de respostas curtas ou de pequenos exercicios .(Constitue o 50% da nota ) *Prácticas de laboratorio: Son tres probas online a traves da plataforma virtual da universidade que consta de preguntas tipo test e de respostas curtas. (Constitúe o 30% da nota) *Probas mixtas a través das TIC: As probas poden incluir tanto preguntas abertas de desenvolvemento sobre os conceptos vistos como preguntas de resporta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de completar, etc. (Constitúe o 20% da nota) *Observacións de avaliación: Non se pide mínimo en ninguna das metodoloxías para aprobar a asignatura pois é unha avaliación sumativa. Para aprobar á asignatura o alumno deberá obter 5 puntos ou máis como nota total. Os alumnos que non superen a primeira oportunidade, terán que presentarse a unha soa proba para recupera-lo porcentaxe da nota final correspondente á proba obxectiva e ás probas mixtas a través das TIC. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica porque existen versións pdf en liña, aínda que sexa de edicións anteriores ás que aparecen na bibliografía, de todas as obras que forman a bibliografía básica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes