Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Álxebra Lineal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A12 A27 A1 A2 B1 B5 B6 Ó longo do cuadrimestre realizaranse 2 probas de avaliación continua. Estas probas incluen tanto preguntas sobre os contidos teóricos explicados como exercicios prácticos. Valorarase a presentación clara e razoada das respostas.
Será posible avaliar unha actitude participativa dos alumnos na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en pequenos grupos.

A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades do anuncio do curso académico.
30
Proba obxectiva A1 A2 B9 Ó final do cuadrimestre farase unha proba escrita. Esta proba inclúe:
- Preguntas curtas que permiten valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Exercicios con diferentes graos de dificultade na liña dos exercicios realizados na clase e dos presentados nos boletíns.
Valoraranse o dominio dos conceptos teóricos da materia, a súa comprensión e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, avaliarase a claridade e a orde na presentación dos resultados expostos.
Para suma-la nota desta proba obxectiva á nota de prácticas, o alumno debe obter máis de 3 puntos dos 7 posibles.
70
 
Observacións avaliación
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e previo acordo coprofesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria.

Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación  para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes