Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Matemática Discreta
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A2 B5 B6 C1 Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se exporán definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios expostos e, a presentación e a claridade da exposición realizada.

Poderase ter en conta a actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas.
30
Proba obxectiva A1 A2 B1 B6 C1 Ao longo do cuadrimestre, farase unha proba mediante a plataforma Moodle (M).
A proba constará de preguntas de tipo teórico e problemas similares aos feitos na aula. Abordará os contidos e resultados do temario vistos ata ese momento do curso. O resultado deste cuestionario (M) contribuirá nun 20% á cualificación total.

Ao final do curso farase unha proba escrita (E). Esta proba incluirá:
- Preguntas curtas que permiten valorar a comprensión dos conceptos teóricos básicos.
- Problemas cun grao de dificultade similar aos feitos en clase e os presentados nas coleccións de exercicios propostos.

Valoraranse o dominio dos conceptos teóricos da materia, a súa comprensión e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, avaliarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.

O resultado desta proba (E) contribuirá nun 50% á cualificación total.

A cualificación total será a suma (S) das notas de prácticas (P), o cuestionario de Moodle (M) e a proba escrita final (E). Para que o/o alumno/para supere a materia será necesario que o valor de S sexa maior o igual que 5 e que o valor de E sexa maior ou igual que 2.

A presentación á proba final do curso supón que o/a alumno/a completou o proceso de avaliación continua.

O alumnado que non supere a primeira oportunidade, terá que presentarse a unha soa proba para recuperar a porcentaxe da nota final correspondente á suma das probas realizadas (70%). Nesta proba deberán obter unha cualificación mínima de 2,8 que se sumará á nota de prácticas. Supérase a materia cando esta suma sexa maior ou igual que 5.
70
 
Observacións avaliación

 Avaliación do alumnado matriculado a tempo
parcial: 

Dependendo das particularidades de cada caso concreto e as
posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un
estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación
continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que
un estudante de matrícula ordinaria.

 Avaliación do alumnado
matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: 

Dependendo
das particularidades de cada caso e as posibilidades do profesorado,
axustaranse as probas de avaliación  para que o devandito estudante poida
realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros.

Na oportunidade adiantada a decembro:

O exame cualificarase sobre dez
puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes