Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Cálculo Multivariable
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Cálculo Multivariable Código 614G02006
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Prieto Aneiros, Andrés
Correo electrónico
andres.prieto@udc.es
Profesorado
Benitez Garcia, Marta
Hervella Nieto, Luis Maria
Leitao Rodríguez, Álvaro
Prieto Aneiros, Andrés
Correo electrónico
marta.benitez@udc.es
luis.hervella@udc.es
alvaro.leitao@udc.es
andres.prieto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O Cálculo Multivariable e os seus métodos de resolución son ferramentas básicas para a descrición e o estudo dos problemas matemáticos máis simples que se poden enunciar tanto en dúas como en tres dimensións: no ámbito da arquitectura, a enxeñaría ou nas ciencias aplicadas. Nesta materia farase unha introdución á resolución de problemas de optimización (cálculo de extremos relativos e absolutos de funcións de varias variables reais) e estudaranse distintos procedementos para o cálculo de integrais escalares de funcións de varias variables (integrais dobres e triples). Ademais, describiranse as nocións máis básicas das integrais de liña e de superficie.
Plan de continxencia 1. Modificacións dos contidos. O contido non se modifica. 2. Metodoloxías * Metodoloxías de ensino que se manteñen Tanto as sesións expositivas, como as sesións de resolución de problemas e as prácticas informáticas, manteranse no seu horario regular de xeito sincrónico usando o sistema de videoconferencia do grupo Microsoft Teams. * Cambio de metodoloxías de ensino As titorías presenciais e a atención personalizada presencial modificaranse e realizaranse de xeito asíncrono usando o "chat" da plataforma Microsoft Teams. Finalmente, tamén se realizarán titorías de pequenos grupos co sistema de videoconferencia de Microsoft Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada aos estudantes. * Videoconferencia en Microsoft Teams: sesións expositivas, resolución de problemas e prácticas informáticas de xeito síncrono * Videoconferencia en Microsoft Teams: de forma síncrona mediante titorías individuais / de grupo * Chat persoal por Microsoft Teams: titorías individuais ou de grupo de forma asíncrona 4. Modificacións na avaliación. A avaliación non cambia. * Comentarios de avaliación: Tanto a primeira como a segunda oportunidade terán a mesma forma de avaliación. No caso de realizar a proba final de xeito non presencial, todas as preguntas serán respondidas por escrito (enviando unha foto ou copia dixitalizada dos cálculos feitos) e tamén de forma oral (envío dun breve vídeo que describa os cálculos realizados). A valoración de cada pregunta terá en conta a combinación de respostas escritas e orais. 5. Modificacións da bibliografía ou webografía. Non se modifican a bibliografía e os materiais de uso que estarán dispoñibles nos equipos Microsoft.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes