Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Inferencia Estatística
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Aprenderase a usar o programa gratuíto de orientación estatística e gráfica R, coñeceranse as súas estruturas de programación e se realizarán estudos de datos estatísticos, tanto reais como simulados.
Seminario Os seminarios reforzarán tanto o carácter aplicado da materia como a súa interactividade. Os estudantes poderán expoñer as súas dúbidas e inquietudes referidas á materia e terán a oportunidade de realizar, coa supervisión do profesor, problemas similares aos dos exames. Ademais, cunha atención moi individualizada, poderán completar as prácticas de laboratorio.
Proba mixta O alumno debe demostrar o seu dominio dos aspectos teóricos da materia e a súa capacidade para resolver problemas no campo da inferencia estatística.
Sesión maxistral O alumno recibirá clases maxistrais nas que o profesor, coa axuda dos medios audiovisuais pertinentes, expoñerá os contidos teóricos e prácticos da materia. A participación e o debate serán alentados en todo momento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes