Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Fundamentos de Programación II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Fundamentos de Programación II Código 614G02009
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Hernandez Pereira, Elena Maria
Correo electrónico
elena.hernandez@udc.es
Profesorado
Alonso Pardo, Miguel angel
Cabrero Canosa, Mariano Javier
Hernandez Pereira, Elena Maria
Vilares Calvo, David
Correo electrónico
miguel.alonso@udc.es
mariano.cabrero@udc.es
elena.hernandez@udc.es
david.vilares@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Nesta materia preséntanse as técnicas de deseño de programas, incluindo os fundamentos da orientación a obxectos, asi como as estruturas de datos básicas en computación e os seus principios de uso. A materia pertence ao bloque Programación e Algoritmos, polo que a relación más estreita dase coas outras duas materias deste mesmo bloque: Fundamentos de Programación I (que se pode considerar predecesora directa) e Deseño e Análise de Algoritmos (que se pode considerar sucesora directa). Con respecto aos outros bloques, as relacións máis directas danse con Bases de Datos e Sistemas para Procesamento de Datos. Outro bloque temático de materias relacionadas é o que forman aquelas de Fundamentos Matemáticos, e dentro deste grupo, especialmente a materia Matemática Discreta.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións 2. Metodoloxías ***** Metodoloxías docentes que se manteñen ***** As metodoloxías mantéñense co único cambio de poder pasar a ser realizadas de forma non presencial as que se precisen. En particular: • Clases maxistrais: Os contidos que se impartían nelas pasan a ser emitidos en sesións síncronas online e/ou en vídeos pregravados polos profesores. En calquera caso, os vídeos póñense a disposición dos alumnos en Stream e mediante enlaces en Campus Virtual, nas semanas en que estaba previsto impartir eses contidos na planificación da materia. Se non hai sesións síncronas, nos horarios das clases de teoría, o profesor de cada grupo establece unha tutoría grupal en Teams. • Solución de problemas: Proponse o enunciado dos exercicios en Campus Virtual. O profesor atende as dúbidas na ferramenta Teams. Pasado un tempo móstranse as solucións propostas nun documento e/ou nun vídeo. • Prácticas de laboratorio: Todas as ferramentas necesarias para a realización das prácticas poden ser instaladas sen custo nos equipos informáticos do alumnado. Nos horarios das clases de prácticas realízase un seguemento mediante tutorías en grupo en Teams, que inclúen reunións audiovisuais síncronas se é preciso. • Proba obxectiva: Utilizaranse as ferramentas que proporciona Campus Virtual e Office365 para a súa realización online se non é posible a realización presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Realizarase, respetando os horarios de titorías, mediante as seguintes ferramentas: Teams: Atención ao alumnado. Email: Atención ás mensaxes enviadas polo alumnado. Moodle: Atención ás mensaxes enviadas polo alumnado nos foros de Campus Virtual. 4. Modificacións na avaliación Non hay variacións *Observacións de avaliación: A segunda oportunidade avaliarase do mesmo xeito que a primeira. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes