Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Deseño e Análise de Algoritmos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A5 A6 B2 B7 B10 C1 Valoraránse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso. 20
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B3 B7 B9 B10 C1 Realizadas segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. A entrega en tempo e forma das prácticas é condición necesaria para aprobar a materia na primeira oportunidade. 20
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B3 B8 B9 Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 60
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos e solución de problemas

- Dado que se trata de actividades de avaliación continua, non se reavaliarán nin se admitirán entregas na segunda oportunidade. As cualificacións dos traballos prácticos e solución de problemas da primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade. 

- De acordo
ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sea por plaxio entre compañeiros, por obtención da mesma fonte, etc.) levará unha nota global de NON APTO nos traballos, tanto ao estudante que
presente material copiado como a quen o facilitase, e a
cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

- Se as prácticas
ou outras actividades se realizaren en grupo, todos so membros do grupo
responderán de forma solidaria do traballo realizado e entregado e das
súas posibles consecuencias.

Matrícula a tempo parcial

-
Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.

Non presentado

- Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP). Na primeira oportunidade, esto será extensible a quen non entregue as prácticas en tempo e forma.


*
Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de
Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes