Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Modelización Estatística de Datos de Alta Dimensión
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Modelización Estatística de Datos de Alta Dimensión Código 614G02013
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Cao Abad, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.cao@udc.es
Profesorado
Cao Abad, Ricardo
López Cheda, Ana
Correo electrónico
ricardo.cao@udc.es
ana.lopez.cheda@udc.es
Web http://http://dm.udc.es/staff/ricardo_cao/
Descrición xeral Esta materia proporciona un primeiro contacto do alumnado coa modelización estatística de grandes conxuntos de datos: técnicas de análise multivariante, ferramentas estatísticas e programas informáticos avanzados para a análise de datos de alta dimensión, identificación das vantaxes e limitacións dos diferentes métodos, e procedementos de crítica, diagnose e interpretación dos resultados en termos do problema proposto.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: • Metodoloxías docentes que se manteñen: Probas resposta breve: realizarase unha proba de resposta breve, aproximadamente na metade do cuadrimestre, mediante a plataforma Moodle.udc.es. No día do exame oficial, en xaneiro de 2022, realizarase a segunda proba de resposta breve, tamén a través da plataforma Moodle.udc.es. Cada unha destas probas computa un 20% na avaliación. Traballo tutelado: traballo práctico, en parellas, que computa na avaliación (20%). A presentación oral (que computa o 10%) realizarase a través de TEAMS. Probas sobre prácticas con R: realizarase unha proba, aproximadamente na metade do cuadrimestre, e entregarase mediante a plataforma Moodle.udc.es. No día do exame oficial, en xaneiro de 2022, realizarase o segundo exercicio avaliable en R, e tamén se fará a entrega a través da plataforma Moodle.udc.es. Cada unha destas probas computa un 20% na avaliación. • Metodoloxías docentes que se modifican: As sesións maxistrais: non computan na avaliación. Impartiranse usando TEAMS na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais, estas sesións por TEAMS poderanse complementar con vídeos explicativos. As prácticas TIC: non computan na avaliación. Na modalidade presencial consistían en análises de datos usando software estatístico (R). Substitúense por vídeos onde se explica con detalle o desenvolvemento da práctica. Eses vídeos poderían ser realizados e gravados en TEAMS na mesma hora da clase, ou subidos á plataforma con anterioridade. Ademais, realizaranse titorías grupais semanais por TEAMS (ou mais segundo o demande o alumnado) para seguimento e apoio dos alumnos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Ferramenta: Correo Electrónico, Vídeo conferencia e Moodle. Temporalización: Correo Electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Vídeo conferencia (Teams): Dúas sesións semanais, para o avance dos contidos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén se realizarán titorías individuais e grupais fixadas previamente mediante correo electrónico. Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado. Presentaranse “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. 4. Modificacións na avaliación: Manterase o peso da cualificación en cada unha das probas. A diferencia está en que a presentación do traballo tutelado se realizará a través de TEAMS, e as probas (parciais e/ou finais) de conceptos realizaranse por Moodle e as de prácticas en R entregaranse por esa mesma plataforma. Observacións de avaliación: Ao longo do curso realízanse dous parciais, un para a parte dos Bloques 0-2 e outro da parte dos Bloques 3-4, que permiten liberar a parte correspondente da materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes