Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Teoría da Información
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Teoría da Información Código 614G02018
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
García Naya, José Antonio
Correo electrónico
jose.garcia.naya@udc.es
Profesorado
Escudero Cascon, Carlos Jose
García Naya, José Antonio
Correo electrónico
carlos.jose.escudero.cascon@udc.es
jose.garcia.naya@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/614G02V01/614G02018
Descrición xeral Nesta materia aprenderase a analizar e procesar a información contida en diversos tipos de sinais dixitais, como por exemplo o audio, a imaxe e o vídeo. Para iso, estudaranse as diferentes formas de representación dos sinais e a transformación a través de sistemas, tanto no dominio temporal/espacial como no dominio frecuencial.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Solución de problemas - Obradoiro - Prácticas a través de TIC - Proba mixta - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Campus Virtual. Utilizarase diariamente a través dos foros do alumnado, onde se moderarán os debates que xurdan sobre a materia. - Microsoft Teams. Abriranse salas de videoconferencia para titorías individuais e grupais e, no caso da docencia non presencial, as titorías poderanse gravar como medida para evitar situacións de fenda dixital. - Correo electrónico. Utilizarase como medida para notificar avisos que reforcen calquera circunstancia que poida non chegar a todo o alumnado a través de Moodle ou Microsoft Teams. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: As probas mixtas realizaranse a través de Teams/Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Proporcionarase ao alumnado material alternativo a través de Moodle que substitúa as referencias bibliográficas ás que non se poida acceder.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes