Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Aprendizaxe Automática II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A16 A24 A25 A26 A1 A3 B2 B3 B7 B9 B10 C1 Os alumnos deberán confeccionar e entregar un proxecto de análise de datos sobre un problema real aplicando as técnicas de aprendizaxe automática aprendidas na asignatura. O devandito proxecto deberá ir acompañado dunha memoria na que se expliquen a solución proposta e se xustifiquen as decisións de diseño tomadas.

A avaliación dos traballos tutelados cubre a avaliación das prácticas TIC realizadas no laboratorio, dada a estreita relación entre ambos.
50
Proba obxectiva A24 A25 A1 A3 B7 No período de avaliación realizarase unha proba de coñecimientos teóricos e de resolución de problemas prácticos para avaliar a adquisición das competencias por parte do alumno. 50
 
Observacións avaliación
O alumno deberá obter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos na proba obxectiva e unha nota mínima de 4 sobre 10 nos traballos tutelados. Se non se acada esta nota mínima nalgún dos dous ditos apartados, a nota da materia será a menor das dúas.

As entregas correspondentes ós traballos tutelados nas datas indicadas e a asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a materia.

Un/unha estudante considerarase presentado/a nunha convocatoria se fai a entrega dos traballos tutelados ou se se presenta á proba obxectiva.
 
O traballo entregado deberá ser orixinal do alumno. De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO na convocatoria correspondente, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitase.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo. 
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como os traballos tutelados, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. 

Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nos traballos tutelados. Só no caso de non ter presentado os traballos tutelados na primeira oportunidade ou que esten tivesen acadado a calificación de SUSPENSO (calificación menor que 5), poderán presentarse novamente os traballos tutelados na segunda oportunidade.

No caso de suspender la asignatura, os traballos tutelados con nota igual ou superior a 5 gardaranse para o curso posterior con calificación de aprobado (5). En cada curso, o alumno terá a opción de entregar unha nova práctica que sustituiría a nota da anterior. Os traballos non se gardarán máis de un curso.

Matrícula con dispensa académica
No caso dos alumnos con matrícula con dispensa académica elimínase a obligatoriedade de asistencia ás clases de prácticas. Os traballos tutelados deberán entregarse nas datas establecidas. É responsabilidade destes/as estudantes poñer en coñecimento do profesor a súa circunstancia.

Titorías
A maiores, as titorias considéranse unha parte importante dentro do desenvolvemento da asignatura. Están orientadas de tal maneira que os/as estudantes teñan e/ou poidan consultar distintas cuestións como: 
1. Posibilidades de desenvolvemento profesional 
2. Problemas no desenvolvemento das prácticas 
3. Maneiras de enfocar/organizar as prácticas 
4. Resolución de dubidas sobre as cuestións teóricas 

Debido a configuración baseada na non presencialidade das mesmas por parte dos centros, pedirase ós/ás estudantes que soliciten cita ós profesores responsables para realizar videochamadas por Teams dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes