Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Procesamento Paralelo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Procesamento Paralelo Código 614G02023
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Enes Álvarez, Jonatan
Correo electrónico
jonatan.enes@udc.es
Profesorado
Enes Álvarez, Jonatan
Touriño Dominguez, Juan
Correo electrónico
jonatan.enes@udc.es
juan.tourino@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o alumno aprenderá o papel que o uso do paralelismo ten á hora de acelerar a execución de programas en xeral e o procesamento de datos en particular. O coñecemento teórico partirá dos conceptos máis básicos de paralelismo, incluíndo a súa utilidade e aplicabilidade, o contexto técnico da execución de programas paralelos, as diferentes técnicas existentes ou as diferentes métricas para medir o paralelismo (Bloque I). A continuación seguirase cun enfoque máis dirixido ao tratamento de datos (Bloque II). Finalmente acabarase cunha introdución ao procesamento paralelo de datos coas tecnoloxías máis modernas baseadas no Big Data (Bloque III). No aspecto práctico, o alumno realizará diversas sesións cun enfoque incremental a fin de adquirir o coñecemento e a habilidade de programar e/ou despregar solucións de procesamento en paralelo de datos. Empezarase con prácticas dirixidas a adquirir competencias máis técnicas e de 'baixo nivel', e irase progresando cara a solucións máis completas e de máis 'alto nivel'. Ditas prácticas realizaranse de forma coordinada coa explicación teórica, de tal forma que se usarán técnicas e tecnoloxías previamente explicadas. De igual forma, as prácticas serán autocontidas e fortemente enfocadas á resolución de problemas ou escenarios concretos con técnicas e tecnoloxías específicas. Esta materia ten unha forte dependencia con materias previas como "Fundamentos de Programación I e II", principalmente polo seu requisito técnico para a programación, e de "Deseño e Análise de Algoritmos" polo seu coñecemento teórico da análise de complexidade dos algoritmos. En menor medida requírense coñecementos previos da materia de "Fundamentos de Computadores" para comprender o comportamento empírico e o rendemento en xeral dalgúns programas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos + Sen modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías + Se fose necesario, as sesións maxistrais e de prácticas poden pasar a ser virtuais mediante o uso do Teams. De igual forma, se fose preciso, a proba obxectiva (exame final) realizaríase de forma telemática mediante o uso de varios recursos de Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado + O alumnado poderá facer uso de canles virtuais e telemáticas para interactuar co docente, principalmente, videoconferencia por Teams e correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación + Mantéñense as ponderacións para a avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía + Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes