Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Procesamento Paralelo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A12 B2 B4 B7 B9 B10 C1 * As prácticas estarán suxeitas á avaliación por parte do profesor.

* Cada práctica será presentada e brevemente explicada polo profesor nunha sesión de prácticas, onde ademais o alumnado iniciará a súa realización.

* A entrega da práctica realizarase nunha data acordada. Cada grupo terá a súa data de entrega.

* É posible que para algunhas prácticas a avaliación recaia total ou parcialmente na contestación dun cuestionario unha vez entregada a práctica e nunha data preacordada co alumnado.
______________________________________________________
50
Proba obxectiva A12 B2 B4 B7 B9 C4 C1 * Exame escrito realizado ao final do cuadrimestre.

* Avaliaranse principalmente conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.

* En menor medida tamén se incluirán preguntas sobre conceptos chave das sesións prácticas.
50
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima da proba obxectiva (2 puntos de 5).
  • A nota de prácticas NON É RECUPERABLE para a segunda oportunidade.
  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán asistir (previo aviso) a un grupo de prácticas distinto ao que teñan asignado.
  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial ou que dispoñan de dispensa académica poderán realizar a súa entrega máis tarde, ou no caso de que se avalíe unha práctica mediante cuestionario, poderán preacordar co profesor unha data distinta se é necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes