Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Aprendizaxe Automática III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A24 A25 A26 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 Resolución de problemas do mundo real utilizando a metodoloxía, para o cal se utilizarán varias técnicas explicadas en teoría, e estimularase ao alumno a xerar novas ideas para a resolución destes problemas. 50
Proba obxectiva A24 A25 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C4 Preguntas sobre os contidos da asignatura (que poden ser de tipo test ou problemas para resolver), baseada nas distintas técnicas avanzadas de aprendizaxe automática e as súas aplicacións. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificacións da proba obxectiva e as prácticas de laboratorio. Ademáis, o alumno deberá obter unha nota mínima de 2 sobre 5 puntos na proba obxectiva. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota da proba obxectiva. 

O traballo entregado deberá ser orixinal do alumno. De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO NA CONVOCATORIA ANUAL, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitase. 

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo. 

Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. 

Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nas prácticas de laboratorio. Opcionalmente, no seu lugar habilitarase unha entrega adicional para un traballo. A calificación deste traballo substituirá a nota de prácticas da primeira oportunidade. A entrega dun novo traballo implica a perda da calificación anterior independentemente de que esta fora superior. No que respecta ás prácticas que se realizan dentro das horas de laboratorio, estas non se poden recuperar xa que son froito da avaliación continua do traballo durante os créditos de práctica da materia. O alumno pode volver a facer o exame da proba obxectiva, sendo os criterios para obter a nota os indicados ao principio deste apartado. 

Aqueles alumnos con matrícula a tempo parcial deberán entregar os traballos en data ao igual que os alumnos a tempo completo. É recomendable a súa asistencia ás clases de prácticas. 

 

A maiores, as titorias considéranse unha parte importante dentro do desenvolvemento da asignatura. Están orientadas de tal maneira que os/as estudantes teñan e/ou poidan consultar distintas cuestións como: 

  

1. Posibilidades de desenvolvemento profesional 

2. Problemas no desenvolvemento das prácticas 

3. Maneiras de enfocar/organizar as prácticas 

4. Resolución de dubidas sobre as cuestións teóricas 

  

Debido a configuración baseada na non presencialidade das mesmas por parte dos centros, pedirase aos/ás estudantes que soliciten cita aos profesores responsables para realizar videochamadas por Teams dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes