Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Subjects
  Written Language Processing
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A28 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 Realización segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. 40
Objective test A28 B2 B3 B7 B9 Realizarase un exame ao final do semestre e a correspondente 2a oportunidade. Este exame centrarase principalmente nos aspectos teóricos e exercicios asociados. Non obstante, poderá preguntarse algunha cuestión relacionada coas prácticas e os traballos tutlados realizados. 60
 
Assessment comments

O exame computa o 60% da nota e o 40% restante repártese entre as
prácticas e calquera outra actividade avaliable realizada ao longo do
curso. Será necesario acadar un mínimo de 3 (sobre 6, no exame) e un 2
(sobre 4, no conxunto das prácticas e demáis actividades). En caso de non acadar
algún dos mínimos, a máxima nota que se poderá obter é un 4.5.

Se
as prácticas ou outras actividades se levan a cabo en grupos, todos os
membros do grupo serán responsables solidariamente polo traballo
realizado e entregado así como as súas posibles implicacións. Para aprobar a
materia é necesario aprobar todas e cada unha das seccións da
avaliación. Para a segunda oportunidade, manteranse os resultados
obtidos en cada sección (exame e prácticas) da primeira oportunidade

No caso de estudantes a tempo parcial, a falta de asistencia ás clases de prácticas e TGR xustificadas non será penalizada.

O estudante que non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación, terá a condición de “Non
presentado” (NP).

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes