Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Tecnoloxías de Integración
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Tecnoloxías de Integración Código 614G02030
Titulación
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Montoto Castelao, Paula
Correo electrónico
paula.montoto@udc.es
Profesorado
Lopez Mato, Javier
Montoto Castelao, Paula
Correo electrónico
javier.lopezm@udc.es
paula.montoto@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce ó alumno no problema de integración de datos e aplicacións. En primer lugar, realízase un estudio de solucións de integración orientadas a Intelixencia de Negocio. E posteriormente, en segundo lugar, preséntase un estudio de solucións de integración orientadas a Procesos de Negocio. Para ilustrar todos estes conceptos xerais, empréganse ferramentas comerciáis utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como Talend, Tableau, Denodo Express, Mule Anypoint, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. As sesións maxistrais impartiríanse a través de Teams en tódolos grupos de teoría. A docencia correspondente á parte práctica (prácticas de laboratorio e traballos tutelados) impartiríase tamén a través de Teams, con sesións grupais cando fose preciso explicar contidos e sesións privadas para atender dúbidas individuais de cada estudante ou grupo de prácticas (de maneira semellante a como se procede nos laboratorios de prácticas). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle: tódolos recursos docentes (presentacións, exemplos, enunciado da práctica e traballos tutelados, anuncios, software, etc.) están dispoñibles a través de Moodle. - Teams. As titorías aténdense por Teams nos horarios oficiais de cada profesor. - Correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación A proba de resposta múltiple realizaríase a través de Moodle. *Observacións de avaliación: Mantéñense as recollidas no apartado correspondente da guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes