Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Tecnoloxías de Integración
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 A realización dos traballos tutelados é opcional (non é preciso obter unha nota mínima neles para aprobar a materia). Pódense presentar ca segunda iteración da práctica. 8
Prácticas de laboratorio A15 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 A práctica estrutúrase en 2 partes. Na primeira parte o alumno deberá resolver varios problemas de integración orientados a Inteligencia de Negocio utilizando varias ferramentas da industria. E na segunda parte de prácticas de laboratorio, o alumno deberá utilizar diferentes solucións do mercado para resolver uns problemas de integración orientados a Procesos de Negocio que se lle plantexan. 32
Proba de resposta múltiple A15 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C4 O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o/a alumno/a debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 2,5 puntos sobre 5 na avaliación de cada unha das dúas partes da práctica.
  • Un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 
    • Nota práctica = nota práctica parte 1 + nota práctica parte 2.
    • Nota final da materia = 0,60 * nota exame + 0,32 * nota practica + 0,08 * nota traballos tutelados.

Para os/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial o tamaño da práctica e os traballos tutelados será menor, sen que elo supoña un prexuízo na súa cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes