As prácticas externas en Políticas Migratorias / Mediación Intercultural son unha parte esencial da formación profesionalizante do estudantado que curse o Mestrado universitario Oficial en Migracións Internacionais (MOMI) na Universidade da Coruña, pois lles permite ter un achegamento á realidade laboral do sector e especialización para os que se están formando. As prácticas realizánse en todo tipo de entidades (públicas, privadas, do 3° sector) que traballen no ámbito das migracións, ben sexa no deseño e xestión de políticas e programas destinados á poboación inmigrante, ben no ámbito da mediación intercultural.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías