Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Prácticas externas en Políticas migratorias / Mediación intercultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O/a alumno/a deberá realizar as prácticas en políticas migratorias / mediación intercultural nunha entidade conveniada co mestrado. Ao final do período de prácticas, deberá entregar un informe do traballo realizado, de acordo co/a seu/súa titor/a no centro de prácticas e a súa titora académica.
Para os/as estudantes que cursen a modalidade online, se ofrecerá no período de matrícula unha listaxe actualizada das entidades conveniadas co mestrado para a realización das prácticas. Os/as estudantes deberán comunicarse coa responsable da materia no caso de que teñan que realizar as prácticas nun lugar diferente para promover e asinar os convenios que sexan necesarios con entidades adecuadas para a realización destas prácticas. Neste último caso, a matrícula nas prácticas quedará condicionada á sinatura efectiva de dito convenio; proceso que, por outra banda, axudará a ampliar a base de entidades de colaboración coa que actualmente conta esta titulación. O Máster conta cun amplo listado de entidades colaboradoras para as prácticas presenciais dentro da provincia de A Coruña, e neste momento estamos ampliando esta base para poder facilitar o listado de entidades en outras cidades. En cualquer caso se explicará aos alumnos a distancia que han de cumplir con idénticos criterios de avaliación nas prácticas, que serán presenciais en ambas modalidades. No caso de no existir convenio previo cunha ciudade ou país determinado condicionaríase a matricula a que poda efectuarse a firma dun convenio previo, tal como se ven facendo en anos previos coa modalidade presencial.
Dado que o título se atopa en proceso de extinción, prégase ao estudantado que teña esta materia pendente que se poñan en contacto coa profesora da materia para a realización das prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes