Guia docenteCurso
Facultad de Sociología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Trabajo fin de máster
   Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Trabajos tutelados A1 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B8 B12 B14 B15 C1 C3 C5 Realización y defensa pública de un trabajo escrito que desarrolle y demuestre los conocimientos adquiridos en el máster, aplicados a un tema concreto relacionado con las migraciones internacionales. Se trata de un trabajo individual, bajo la supervisión de un tutor asignado por la comisión académica del máster. Se le supone una inversión aproximada de 250 horas de trabajo por parte del alumno.

Realización e defensa pública dun traballo escrito que desenvolva e demostre os coñecementos adquiridos no mestrado, aplicados a un tema concreto relacionado coas migracións internacionais. Trátase dun traballo individual, baixo a supervisión dun/ha titor/a asignado/a pola Comisión Académica do mestrado. Suponselle un investimento aproximado de 250 horas de traballo por parte do estudantado.
100
 
Observaciones evaluación

Segundo a normativa vixente da Universidade da Coruña, para ser avaliado/a do traballo fin de mestrado será necesario: 1) ter superados o resto de créditos do mestrado (asignaturas e período práctico) e 2) ter realizado a matrícula. A normativa específica do mestrado esixe, ademais, ter asignado un tema central ou título e un/ha titor/a.

Entre os criterios de avaliación da memoria, terase especialmente en conta:

Que se demostre o desenvolvemento das competencias, obxectivo da memoria final do mestrado. Isto é, que a memoria realizada e defendida reflexe os coñecementos adquiridos duante o período de formación, a capacidade do/a alumno/a para aplicar ditos coñecementos, a capacidade para fundamentar unha valoración propia e responsable, e o pensamento analítico e crítico no estudo das migracións internacionais.

Que a memoria reflexe unha dedicación por parte do/a alumno/a de polo menos 250 horas de traballo.

A valoración que mereceu por parte do/a titor/a.

A adecuada estruturación da información e a presentación, oral e escrita, do traballo.

Pertinencia e actualidade da bibliografía, documentación e fontes achegadas.

Concisión e utilización adecuada da linguaxe escrita.

Por outra banda, os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato.

Os traballos terán que ser defendidos oralmente ante un tribunal de expertos/as, formado maioritariamente polo profesorado do mestrado.

Poranse a disposición medios telemáticos para acordar a defensa pública ante o mesmo tribunal dos/as alumnos/as matriculados/as

a distancia

, no caso de que non puideran asistir persoalmente ás datas establecidas para a defensa presencial. Formarase un tribunal para a avaliación de todos/as os/as estudantes a distancia, cuxa composición seguirá os mesmos criterios que para a defensa presencial, sendo os criterios de avaliación do estudantado os publicados nas normas internas do MOMI.

O calendario de defensa pública e de convocatorias dispoñibles axústanse ás condicións que establece anualmente a Universidade da Coruña, para todas as titulacións de posgrao. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes