Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Etnicidade e diversidade cultural nas sociedades de orixe e destino
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os límites epistemolóxicos do estudo das migracións internacionais e a natureza esencialmente política que sostén a definición e identificación do fenómeno migratorio.
A2 Relativizar e valorar as intensidades observadas dos movementos migratorios, desde unha perspectiva comparativa e contextualizada histórica e culturalmente
A5 Comprender os argumentos filosóficos e xurídicos tras as distintas perspectivas sobre as migracións internacionais e as problemáticas sociais que xeran.
A10 Coñecer suficientemente os autores e traballos de maior relevancia académica e profesional
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B7 Resolver problemas de forma efectiva
B10 Traballar de forma colaboradora
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B13 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións
C1 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C2 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras a fin de emprender, xestionar ou dirixir organizacións ou empresas do terceiro sector.
C3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes