Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Sistemas migratorios comparados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio C1 C3 C5 A avaliación desta materia estará condicionada nun 90% da nota global á entrega dun traballo por cada unha das partes explicadas na materia.

Para superar os contidos relacionados coa inmigración en Galicia é preciso a realización dun traballo individual que consisitirá en cubrir unha ficha cunha serie de indicadores demográficos sobre a situación da poboación estranxeira nun municipio galego (a concretar coa profesora) e a análise demográfica de estos indicadores xunto dunha primeira valoración de esta situación (posibles liñas de intervención e programas a deseñar).

Para superar os contidos relacionados coa inmigración na OCDE solicitarase ao alumnado un traballo de ensaio ou de comentario de fontes de datos estatísticos, que vincule leituras e comentarios de datos.

Cada un dos traballos representará o 50% da nota final, é dicir, a suma de ambos supón un 100% da nota final da materia.

Sen embargo, queremos deixar constancia que a avaliación final será acordada e definida polo profesorado responsable buscando a mellor alternativa en cada caso. Será comunicada ao alumnado durante as sesións maxistrais e acordada co mesmo. Tamén se prantexará un prazo de entrega razonable do traballo de avaliación.

No caso de non poder acceder ou de non superar a avaliación a través da proba de ensaio, o alumnado ten dereito a realizar un exame da convocatoria oficial, de carácter presencial.
100
 
Observacións avaliación

O alumnado a distancia terá a mesma opción de avaliación que os alumnso asistentes mediante a proba de ensaio. En caso de non ter superada a materia, faría un exame oral de modo virtual, de xeito tal que permita a axeitada identificación do alumno; por exemplo: exame oral por video conferencia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes