Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Políticas de control de fluxos e de admisión da poboación estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A3 A5 A6 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C2 C3 C4 C5 O profesorado responsable pode propor ao alumnado a exposición nas clases maxistrais de leituras recomendadas, a elaboración e exposición de breves investigacións sobre unha temática concreta, ou a explotación dalgunha fonte de datos estatística relacionada coa temática analizada.

No caso de producirse esta petición de traballo ao comezo das explicacións, tamén se deixará que suporá sobre o total da nota global da materia.
0
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C2 C3 C4 C5 O/A alumno/a matriculada nesta materia realizará un traballo individual ou colectivo que será tutelado polo profesorado responsable. A nota obtida nesta investigación equivale á nota da materia.

Pero para superar este traballo considérase necesario asistir ás explicacións durante as sesións maxistrais e ler a bibliografía recomendada e entregada a comezos de curso.

Se a persoa matriculada nesta materia suspende este traballo poderá acudir e presentarse ao exame final da mesma. Considérase motivo de suspenso o plaxio parcial ou total do traballo de traballos xa publicados.

Os alumnos de matricula on line, que non tivesen superado a materia coa avaliación contínua dispoñen dunha segunda opción a través dun traballo no que se poda aprecisar a superación das insuficiencias previamente constatadas.
100
 
Observacións avaliación

No caso dos alumnos a distancia a obrigatoriedade de asistencia será sustituía por un seguimento e tutorización mais frecuente, sendo os mesmos criterios os de avaliación e as mesmas datas de entregas periódicas de traballos que na modalidades presencial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes