Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Comunicación e interpretación intercultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B9 B12 B13 B14 B15 C1 C5 Valorarase a competencia do alumnado no resumo e na valoración argumentada de cada texto empregado na elaboración do traballo, así como na comparación entre os mesmos, coa fin de:
a) realizar unha síntese crítica e orixinal, e
b) deseñar un estudo empírico hipotético.
80
Presentación oral A3 A8 B1 B3 B8 B11 B12 B14 B15 C1 Valorarase a capacidade do alumnado para expoñer –ben presencialmente ben on-line– o contido e o sentido das lecturas asignadas e doutras fontes consultadas, así como a súa capacidade de argumentar críticamente acerca das mesmas, no contexto das actividades propostas no foro virtual de Moodle.
NOTA: Estas actividades poden ser realizadas oralmente ou por escrito, dependendo da modalidade na que o/a estudante estea matriculado/a (presencial / non presencial / segunda oportunidade ou posterior).
20
 
Observacións avaliación

Os requisitos e os criterios de avaliación das dúas modalidades para o seguimento da materia (presencial ou on-line) serán iguais. Tal e como se indica no apartado de metodoloxías, os/as estudantes que cursen a modalidade on-line deste mestrado terán
unha titoría on-line coa profesora tras a entrega do traballo para
garantir a identidade da persoa que entrega o principal elemento de
avaliación desta materia. Así mesmo, garántense mecanismos que permitirán que este alumnado faga unha "presentación oral" aproveitando os soportes dixitais dispoñíbeis.

NOTA: O alumnado que pretende aprobar esta materia na segunda oportunidade ou posteriormente debe poñerse en contacto coa profesora coordinadora da materia para informarse sobre as actividades de avaliación que lle quedan por aprobar. Información de contacto e horario de titorías: http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=tutorias

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes