Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Competencias do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Comprender os límites epistemolóxicos do estudo das migracións internacionais e a natureza esencialmente política que sostén a definición e identificación do fenómeno migratorio.
  AM2 Relativizar e valorar as intensidades observadas dos movementos migratorios, desde unha perspectiva comparativa e contextualizada histórica e culturalmente
  AM3 Relativizar e valorar o impacto das migracións internacionais nas sociedades de orixe e destino en función do cambio social que xeran, dos intereses en xogo, e da construcción social das identidades culturais
  AM4 Profundidade na análise dos movementos migratorios asociados á historia e á situación actual de Galicia, como orixe e como destino
  AM5 Comprender os argumentos filosóficos e xurídicos tras as distintas perspectivas sobre as migracións internacionais e as problemáticas sociais que xeran.
  AM6 Dominar as principais fontes de documentación estatística e bibliográfica que lle permita manterse informado e iniciar e programar estudos exploratorios sobre temáticas relacionadas coas migracións internacionais
  AM7 Coñecer as virtudes e as limitacións das principais fontes e indicadores estatísticos para a descrición dos movementos migratorios en distintos contextos territoriais e na súa evolución temporal
  AM8 Comprender o potencial das distintas técnicas de investigación social para o estudo das migracións internacionais así como os condicionamentos deontolóxicos profesionais.
  AM9 Manexar os conceptos fundamentais no estudo das migracións internacionais
  AM10 Coñecer suficientemente os autores e traballos de maior relevancia académica e profesional
  AM11 Ter suficiente capacidade de abstracción para presentar o fenómeno migratorio dende unha perspectiva macro-sociolóxica e na súa relación máis ampla coa estrutura social e o mercado de traballo
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BM2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BM3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BM4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BM5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo
  BM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
  BM7 Resolver problemas de forma efectiva
  BM8 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo
  BM9 Traballar de forma autónoma con iniciativa
  BM10 Traballar de forma colaboradora
  BM11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
  BM12 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito social
  BM13 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións
  BM14 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica
  BM15 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM2 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras a fin de emprender, xestionar ou dirixir organizacións ou empresas do terceiro sector.
  CM3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM4 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes