Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais: Innovacións e Aplicacións
 Asignaturas
  Institucions sociais contemporaneas
   Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Manexo de programas informáticos aplicados á investigación social, así como de tecnoloxías dispoñibles da información e da comunicación. Capacidade de interpretar os resultados de programas de ordenador.
A4 Capacidade de aplicar as principais técnicas da investigación cualitativa, con especial atención á produción de materiais cualitativos (enquisa, grupo de discusión, observación), así como á interpretación e análise dos devanditos materiais.
A6 Capacidade de análise das distintas manifestacións da cultura material e especialmente dixital.
A7 Capacidade de busca e coñecemento das principais fontes de datos secundarios e valoración crítica das limitacións e as posibilidades dos datos secundarios.
A10 Capacidade de deseñar unha investigación de mercado partindo dun problema ou solicitude de información ´ad hoc´. Capacidade para plantexar o tipo de análise de datos axeitado aos obxectivos.
A11 Coñecer os diferentes tipos de avaliación de programas e de proxectos sociais e os procedementos e métodos que se utilizan para a súa realización. Ser capaz de criticar e valorar avaliacións efectuadas por outros. Ser capaz de deseñar unha avaliación e desenvolvela.
A12 Capacidade de avaliar a calidade da investigación cuantitativa e cualitativa.
B1 Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas e entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares).
B2 Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B3 Ser capaz de concebir, deseñar ou poner en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema plantexado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B4 Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar estudando dun xeito autónomo e que facilite a autoaprendizaxe continua, de modo que poda desenvolver un proxecto de investigación no eido da investigación social de acordó cos principios éticos que o sustentan.
B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B10 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B11 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
B13 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes