Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar as principales técnicas de investigación cuantitativa, con especial atención ao deseño de mostras a un nivel avanzado e ao deseño de enquisas persoais, telefónicas asistidas por ordenador e enquisas na Web utilizando programas informáticos específicos. |
A2 |
Manexo de programas informáticos aplicados á investigación social, así como de tecnoloxías dispoñibles da información e da comunicación. Capacidade de interpretar os resultados de programas de ordenador. |
A3 |
Coñecemento e uso de técnicas estatísticas de análise multivariable. |
A4 |
Capacidade de aplicar as principais técnicas da investigación cualitativa, con especial atención á produción de materiais cualitativos (enquisa, grupo de discusión, observación), así como á interpretación e análise dos devanditos materiais. |
A7 |
Capacidade de busca e coñecemento das principais fontes de datos secundarios e valoración crítica das limitacións e as posibilidades dos datos secundarios. |
A10 |
Capacidade de deseñar unha investigación de mercado partindo dun problema ou solicitude de información ´ad hoc´. Capacidade para plantexar o tipo de análise de datos axeitado aos obxectivos. |
B2 |
Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B3 |
Ser capaz de concebir, deseñar ou poner en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema plantexado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
B4 |
Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar estudando dun xeito autónomo e que facilite a autoaprendizaxe continua, de modo que poda desenvolver un proxecto de investigación no eido da investigación social de acordó cos principios éticos que o sustentan. |
B6 |
Posuír e aplicar coñecementos teóricos e metodolóxicos que permitan ao estudante promover o cambio e a innovación. |
B8 |
Adquirir unha formación metodolóxica que garantice o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento. |
B9 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. |
B10 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |